Pulpería Constante

PULPERÍA CONSTANTE é una empresa de cátering, familiar con máis de 50 anos de experiencia adquirida de xeración en xeración con un amplo abano de clientes.

A nosa meta é conseguir a máxima satisfacción dos nosos clientes a base dunha materia prima excelente e dun trato profesional.

En PULPERÍA CONSTANTE contamos con persoal altamente cualificado e con ampla experiencia no sector, que farán todo o posible para que vostede desfrute ao máximo dos produtos que poñemos á súa disposición.

Veña xa a desfrutar dos nosos pratos e/ou servizos e estamos seguros que quedará totalmente satisfeito co servizo que lle ofrecemos e a calidade dos mesmos

O compromiso de PULPERÍA CONSTANTE é manter a tradición do pulpo en Galicia, por eso somos especialistas na súa preparación así como o churrasco e a carne ó caldeiro.

Pídanos presupuesto sen compromiso.

Xeración a cal desenvolve a súa actividade por festas e pobos de toda Galicia respetando a tradición das pulperías de toda a vida, trato familiar e agradable.

 

Pulpería Constante é sinónimo de tradición e bo comer. Aválanos unha historia de máis de 50 anos coidando os padales da nosa xente e percorrendo as festas, feiras, verbenas e eventos da xeografía galega para que poidas degustar o mellor polbo das nosas rías.

 

A nosa historia… a dos nosos avós

Corría o ano 61 cando Constantino e Carmen, unha xoven parella moi coñecida na zona polos negocios de alimentación que rexentaban e pais dunha numerosa familia, botaban a andar o que naquel momento era o seu pequeno gran proxecto de vida. Unha polbeira que foi transformándose e adaptándose aos seus fieis clientes e rexuvenecéndose co paso dos anos e as novas xeracións.  Pola Pulpería Constante pasaron moitas persoas, agora amigos e amigas, non só para degustar, senón tamén para traballar e compartir connosco un pedaciño da súa vida. Fomos innovadores, abrindo incluso o menú a novos produtos cando o polbo era o rei absoluto e exclusivo dos pratos e fomos pioneiros en incluír churrasco e outros manxares. Carmen e Constantino deron comezo á andaina cargados de ilusións, esforzo e traballo e hoxe, case 60 anos despois, non só segue vivo, senon con máis forza, ambición e calidade que nunca e mantendo ese espíritu de tradición e innovación que eles mesmos impregnaron nesta familia.

Moitas grazas avós!