Catering

Para abrir boca! O Catering de Pulpería Constante é un servizo pensado para darlle aos teus convidados o trato que merecen. Elaboramos aperitivos, entrantes, entremeses, pinchos… para todo tipo de eventos e celebracións e en múltiples formatos como estacións de comida, bufé, miniplatos ou coffe break.

Que tipos de eventos cubrimos?

Practicamente todo tipo de celebracións e banquetes, públicos ou privados, tanto ao aire libre como en interiores, por exemplo:

  • Actos e eventos institucionais
  • Comidas familiares, bodas, bautizos e comuñóns
  • Eventos de empresa
  • Festas privadas
  • Graduacións

Para encher o bandullo! O polbo, o churrasco e a carne ó caldeiro son os pratos estrela, os referentes de Pulpería Constante para confeccionar o menú. Ademais, servimos diversos tipos de mariscos, peixes e outras carnes cos que podes completar os teus pratos. Este servizo preséntase no formato de comida servida, ben sexa nas túas propias instalacións ou nas nosas carpas e mesas que trasladamos e instalamos onde o desexes.


Como pedir presuposto?

Moi sinxelo, so debes acceder á nosa páxina de petición de orzamento e cubrir un pequeno formulario, en breves poñerémonos en contacto contigo para darche resposta ás túas peticións.

Podes acceder a través do seguinte enlace:

Condicións de contratación Orzamento